jueves, 29 de junio de 2017

PROXECTO LÓVA

Durante todo este curso os rapaces de 4º ESO coa optativa de música, xunto cos de 2º de primaria, estiveron traballando neste proxecto (LÓVA la ópera como vehículo de aprendizaje) que culminou neste mes de xuño coa posta en escea da ópera "El cambio inesperado" o día 2  no casino de Franza, representouse dúas veces máis os días 8 e 9 no casino de Ares para os compañeiros do colexio.
Parabens a todos eles! por tanto traballo e tan ben feito.



miércoles, 14 de junio de 2017

NO SALÓN DO REI DA MONTAÑA

Un día na clase, Andrea comezou a tocar..........entón Judith púxose a bailar. Asi foi como naceu a idea, en estes cinco rapaces de 3º da ESO, para facer a súa representación. Andrea tocaba esta melodía de Edvard Grieg, compositor noruego pertencente ao nacionalismo musical e que tratou de facer renacer nas súas composicións o carácter e o espirito da súa terra natal. E todos eles trataron, na I Feira dende Ares cara ao mundo, de achegarse ao carácter e á natureza escandinavos por medio deste traballo.











































sábado, 10 de junio de 2017

O DRAGÓN CHINÉS

Na I Feira dende Ares cara ao mundo, os alumnos de artes escénicas e comunicación oral, de 1º e 2º ESO, participaron con este fantástico dragón creado na aula de plástica. Os rapaces de 1º, movérono e bailaron con él "A danza da serpe de ouro" interpretada polos seus compañeiros de 2º ESO.



jueves, 8 de junio de 2017

LOVA NA FEIRA

O grupo LOVA (La Ópera como Vehículo de Aprendizaje), formado por alumnos de 4º ESO e 2ª de primaria, tamén participamos na Feira!!!!!




domingo, 4 de junio de 2017

I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO. MÚSICAS DO MUNDO

Con moita ilusión participamos na I feira dende Ares cara ao mundo. O noso stand, músicas do mundo, foi supervisado por algúns alumnos de 3º ESO. Ademáis os dous grupos de 3º ESO interpretaron para o público asistente á feira, dous temas, "When the saints go marching in" (Nova Orleans) e " Loch Lomond" (Escocia). A primeira non quedou gravada, pero si a segunda, e nesta montaxe de fotos vai o video.


miércoles, 17 de mayo de 2017

POR UN ENSINO CHEO DE VIDA!!!



Por unha mocidade chea de vida, por unha lingua chea de vida, por unha vida chea de música!!!!!




CHE@S DE VIDA!!!!!!

11  de maio 2017 alí estábamoss, pequenos e grandes. 
Que ben o fixestes!!!!!💓💔

martes, 11 de abril de 2017

UNHA LEMBRANZA DO NADAL 2016.


Unha mágoa que este ano non houbo vídeos, pero podemos ver as fotos xunto coa música dos animais de Luar na lubre, que sempre cantamos en nadal.

martes, 21 de marzo de 2017

O NADAL EN SUECIA E EN PERÚ

O 19 de decembro representamos todo o traballo realizado durante o trimestre sobre o nadal, tanto en Suecia como en Perú. Os rapaces de 1º ESO prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións,así como as presentacións dos costumes e tradicións de cada país. Os rapaces de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia, e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.


lunes, 13 de marzo de 2017

Recreación do día de Santa Lucía en Suecia


Esta é unha montaxe de fotos sobre a recreación que fixemos, este nadal, do día de Sta Lucía en Suecia. Foi un traballo dos rapaces de 1º e 2º ESO no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes se desenvolve entre os departamentos de plástica e música.


miércoles, 8 de marzo de 2017

Representamos Espiritos e Pantasmas

En xuño de 2016 fixemos a representación de espiritos e pantasmas, unha recopilación de contos e lendas sobre seres fantásticos. Foi levado a cabo polos alumnos de 1º ESO no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que se realiza como unha colaboración dos departamentos de plástica e música.

domingo, 15 de enero de 2017

Ensaios espiritos e pantasmas

Ensaiando en maio de 2016 no obradoiro de comunicación oral e artes escénicas para a representación da montaxe espiritos e pantasmas.

sábado, 14 de enero de 2017

Fabricamos instrumentos para participar no mail art.

Inspirándonos na orquestra de Cateura (Paraguai), formada por rapaces e rapazas que interpretan música con instrumentos fabricados por eles mesmos, a partir de materiais de refugallo, os alumnos de 2º ESO construiron estes instrumentos cos que ademais participaron na edición 2016 de mail art que tivo lugar no noso centro e que tiña como lema a importancia da arte na educación, así como a importancia da reciclaxe e a reutilización. Aquí podedes ver unha montaxe de vídeo cos instrumentos creados na que se pode escoitar música tocada pola citada orquestra de Cateura.

miércoles, 11 de enero de 2017

Cantando a Rosalía

Esta montaxe interpretada por todo o alumnado de 3º e 4º ESO, foi feita para conmemorar o día das letras galegas no ano 2016.
Sobre o coñecido poema de Rosalía con música de Suso Iglesias (Tempo catro)

martes, 10 de enero de 2017

Outono en Ares

 Con esta montaxe feita con fotos tomadas polos alumnos de 4º ESO e interpretada por eles mesmos coa colaboració de Aitana de 2º no violín, fixemos a nosa colaboración co proxecto meteoescolas no ano 2016

Nadal 2015. Música no corredor

No 2015 reunímonos outra vez no corredor a tocar e cantar panxoliñas e outras cancións.



domingo, 8 de enero de 2017

O Incrible neno devorador de libros

No 2015 representamos por segunda vez o conto de Oliver Jeffers, "O incrible neno devorador de libros" para levalo a cabo participaron alumnos de 4º e 3º ESO nun traballo conxunto dos departamentos de plástica e música.

STAND BY ME. III Encontro de alumnos de secundaaria.

No 2014 participamos tamén no terceiro encontro de alumnos de música de secundaria que nesta ocasión tivo lugar na Coruña.

Noite de paz. Música no corredor. Nadal 2014.

O tamborileiro. Música no corredor. Nadal 2014.

II ENCONTRO ALUMNOS MUSICA 2013 VILAGARCIA

Con este traballo participamos por segunda vez no encontro de alumnos de secundaria que tivo lugar en Vilagarcía no mes de abril de 2013.

Poema de inverno. Fiandeira namorada. Meteoescolas 13-14.

Con este traballo, levado a cabo por alumnos de 2º ESO sobre o coñecido poema de Uxío Novoneyra, participamos no programa meteoescolas no curso 13/14.

Musica no corredor. Alegre Navidad. Nadal 2013

En Nadal do 2013 foi o primeiro ano que nos xuntamos no corredor para cantar e tocar cancións e para felicitarnos o Nadal.




Música no corredor. Nadal 2013. The sun is shining.

O nacemento do dragón.Febreiro 2013


O nacemento do dragón foi unha obra interpretada polos alumnos/as de 2º e 4º da ESO para o alumnado de infantil do CPI Conde de Fenosa no Día Escolar da Paz e a non Violencia.

"A Cincenta" de Roald Dahl.Abril 2012




"O inverno" de Vivaldi. Xaneiro 2012


Este vídeo foi tamén empregado para participar no programa meteoescolas.