martes, 21 de marzo de 2017

O NADAL EN SUECIA E EN PERÚ

O 19 de decembro representamos todo o traballo realizado durante o trimestre sobre o nadal, tanto en Suecia como en Perú. Os rapaces de 1º ESO prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións,así como as presentacións dos costumes e tradicións de cada país. Os rapaces de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia, e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.


lunes, 13 de marzo de 2017

Recreación do día de Santa Lucía en Suecia


Esta é unha montaxe de fotos sobre a recreación que fixemos, este nadal, do día de Sta Lucía en Suecia. Foi un traballo dos rapaces de 1º e 2º ESO no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes se desenvolve entre os departamentos de plástica e música.


miércoles, 8 de marzo de 2017

Representamos Espiritos e Pantasmas

En xuño de 2016 fixemos a representación de espiritos e pantasmas, unha recopilación de contos e lendas sobre seres fantásticos. Foi levado a cabo polos alumnos de 1º ESO no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que se realiza como unha colaboración dos departamentos de plástica e música.