domingo, 15 de enero de 2017

Ensaios espiritos e pantasmas

Ensaiando en maio de 2016 no obradoiro de comunicación oral e artes escénicas para a representación da montaxe espiritos e pantasmas.

sábado, 14 de enero de 2017

Fabricamos instrumentos para participar no mail art.

Inspirándonos na orquestra de Cateura (Paraguai), formada por rapaces e rapazas que interpretan música con instrumentos fabricados por eles mesmos, a partir de materiais de refugallo, os alumnos de 2º ESO construiron estes instrumentos cos que ademais participaron na edición 2016 de mail art que tivo lugar no noso centro e que tiña como lema a importancia da arte na educación, así como a importancia da reciclaxe e a reutilización. Aquí podedes ver unha montaxe de vídeo cos instrumentos creados na que se pode escoitar música tocada pola citada orquestra de Cateura.

miércoles, 11 de enero de 2017

Cantando a Rosalía

Esta montaxe interpretada por todo o alumnado de 3º e 4º ESO, foi feita para conmemorar o día das letras galegas no ano 2016.
Sobre o coñecido poema de Rosalía con música de Suso Iglesias (Tempo catro)

martes, 10 de enero de 2017

Outono en Ares

 Con esta montaxe feita con fotos tomadas polos alumnos de 4º ESO e interpretada por eles mesmos coa colaboració de Aitana de 2º no violín, fixemos a nosa colaboración co proxecto meteoescolas no ano 2016

Nadal 2015. Música no corredor

No 2015 reunímonos outra vez no corredor a tocar e cantar panxoliñas e outras cancións.



domingo, 8 de enero de 2017

O Incrible neno devorador de libros

No 2015 representamos por segunda vez o conto de Oliver Jeffers, "O incrible neno devorador de libros" para levalo a cabo participaron alumnos de 4º e 3º ESO nun traballo conxunto dos departamentos de plástica e música.

STAND BY ME. III Encontro de alumnos de secundaaria.

No 2014 participamos tamén no terceiro encontro de alumnos de música de secundaria que nesta ocasión tivo lugar na Coruña.

Noite de paz. Música no corredor. Nadal 2014.

O tamborileiro. Música no corredor. Nadal 2014.

II ENCONTRO ALUMNOS MUSICA 2013 VILAGARCIA

Con este traballo participamos por segunda vez no encontro de alumnos de secundaria que tivo lugar en Vilagarcía no mes de abril de 2013.

Poema de inverno. Fiandeira namorada. Meteoescolas 13-14.

Con este traballo, levado a cabo por alumnos de 2º ESO sobre o coñecido poema de Uxío Novoneyra, participamos no programa meteoescolas no curso 13/14.

Musica no corredor. Alegre Navidad. Nadal 2013

En Nadal do 2013 foi o primeiro ano que nos xuntamos no corredor para cantar e tocar cancións e para felicitarnos o Nadal.




Música no corredor. Nadal 2013. The sun is shining.

O nacemento do dragón.Febreiro 2013


O nacemento do dragón foi unha obra interpretada polos alumnos/as de 2º e 4º da ESO para o alumnado de infantil do CPI Conde de Fenosa no Día Escolar da Paz e a non Violencia.

"A Cincenta" de Roald Dahl.Abril 2012




"O inverno" de Vivaldi. Xaneiro 2012


Este vídeo foi tamén empregado para participar no programa meteoescolas.