martes, 21 de marzo de 2017

O NADAL EN SUECIA E EN PERÚ

O 19 de decembro representamos todo o traballo realizado durante o trimestre sobre o nadal, tanto en Suecia como en Perú. Os rapaces de 1º ESO prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións,así como as presentacións dos costumes e tradicións de cada país. Os rapaces de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia, e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.


No hay comentarios:

Publicar un comentario