sábado, 14 de enero de 2017

Fabricamos instrumentos para participar no mail art.

Inspirándonos na orquestra de Cateura (Paraguai), formada por rapaces e rapazas que interpretan música con instrumentos fabricados por eles mesmos, a partir de materiais de refugallo, os alumnos de 2º ESO construiron estes instrumentos cos que ademais participaron na edición 2016 de mail art que tivo lugar no noso centro e que tiña como lema a importancia da arte na educación, así como a importancia da reciclaxe e a reutilización. Aquí podedes ver unha montaxe de vídeo cos instrumentos creados na que se pode escoitar música tocada pola citada orquestra de Cateura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario